headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

30006 CARNÉ FUNDACIÓN DE DEPORTES, ANO 2025

O Carné da Fundación de Deportes dá dereito á utilización de todas as Instalacións Deportivas Municipais a excepción da Piscina Municipal que estará supeditada aos posibles acordos que se poidan aprobar coa empresa que a xestiona (conforme Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia). Así mesmo tamén dá dereito a participación nas actividades que organice a Fundación, (Como: Escolas Deportivas Municipais, Ximnasia de Mantemento, Aeróbic, Ioga, Pilates, Ximnasia Funcional, Ximnasia Acuática, etc...).

Para utilizar as Instalacións Deportivas Municipais por parellas ou colectivamente, será necesario que todos os deportistas/usuarios sexan titulares do carné da Fundación de Deportes, en caso contrario, cada un daqueles que non sexa titular do mesmo deberá abonar o prezo que resulte de dividir o prezo por hora da instalación entre o número de persoas que vaian a utilizala.

Prezo Carné Fundación segundo o Tipos:

PERSONAS/USUARIOS (Precio año 2025)

(tarifa €uros/temporada)

a) Carné Familiar.....................................60,00 €

b) Carné Familiar Bonificado...................50,00 €

c) Individual Senior.................................45,00 € 

d) Individual Senior Bonificado...............30,00 €

e) Carné Xoven......................................30,00 €

f) Menor de idade...................................30,00 €

g) Maior de 65 años...............................30,00 €

O feito de que o Carné da Fundación se solicite unha vez comezado a ano non dará dereito a reducción de ningunha clase no prezo do mesmo.

A todos usuarios das instalacións deportivas municipais, así como participantes nas actividades organizadas directamente pola Fundación de Deportes
A través da Sede Electrónica, no enderezo   https://sede.vilagarcia.gal , sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30006:
1.- Descargar a solicitude no seu ordenador
2.- Cubrir a solicitude
3.- Gardar cuberta a súa solicitude
4.- Insertar solicitude e documentación requerida en "documentos a adxuntar"

4.- SOLICITUDES:

As solicitudes do Carné da Fundación de Deportes realizaranse nos modelos normalizados colgados na Sede Electrónica, na que deberá incluir a seguinte documentación:

4.A) SOLICITUDE DE CARNÉ DA FUNDACIÓN DE DEPORTES:

1.- Con carácter xeral:

a)    Unha fotocopia do D.N.I. do solicitante.

b)    Resguardo xustificativo do pago do prezo público correspondente.

c)    Xustificante acreditativo da situación en que se atopa o solicitante en función da clase de carné que solicite, conforme o que establece o apartado 2.A.

2.- A maiores para solicitar carné familiar:

a)    Fotocopia do DNI de cada un dos membros da unidade familiar.

b)    Fotocopia do libro de familia.

c)    Documento que xustifique a dependencia económica dos fillos respecto aos pais (cando os fillos teñan mais de 18 anos).

d)    Para parellas de feito: certificado de inscrición no rexistro municipal de parellas de feito e certificado de convivencia da parella.

4.B) RENOVACÓN DE CARNÉ DA FUNDACIÓN DE DEPORTES:

1.- Con carácter xeral:

a)    Resguardo xustificativo do pago do prezo público correspondente

b)    Xustificante acreditativo da situación en que se atopa o solicitante en función da clase de carné que solicita (exemplo: fotocopia do carné Xoven)

2.- A maiores para a renovación do carné familiar:

a)    Documento que xustifique a dependencia económica dos fillos respecto aos pais (cando os fillos teñan mais de 18 anos)


Volver
Tramitar en liña