Poderán participar no concurso, todos os establecementos comerciais do Concello de Vilagarcía de Arousa (comercio retallista, restauración, hostalaría, vendedores da praza de abastos, etc.) que o soliciten formalmente a través sede Electrónica do Concello antes da data límite establecida nas presentes bases.
Como facelo
A inscrición para participar, formalizarase mediante solicitude Instancia xenérica (Formulario de Solicitude modelo: 01001) a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal), debidamente cumprimentadas e asinadas.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o día seguinte á aprobación das presentes bases ata o 24 de decembro de 2024
Documentación requirida
Xunto coa solicitude de inscrición, presentarase un certificado de conta bancaria e duas fotografías do escaparate