headerheader-400header-800
Volver

50003 Programa de axudas municipais á creación de empresas

As presentes bases teñen por finalidade convocar o PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS no ámbito do Concello de Vilagarcía de Arousa, para o exercicio 2024.

Poderán acollerse a estas axudas as/os empresarias/os individuais e as micropemes segundo a definición establecida no ANEXO I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión Europea, independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 31 de outubro de 2023 e o 30 de outubro de 2024 (entendendo por inicio da actividade a data de alta no I.A.E.)

En cumprimento do disposto no artigo 14.2 e 3 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de axuda reguladas na presente convocatoria serán presentadas telemáticamente a través da sede electrónica do Concello de Vilagarcía a través  do formulario de solicitude 50003 e anexos normalizados que estarán dispoñibles no enlace seguinte (sede.vilagarcia.gal/catálogo de procedementos/desenvolvemento local/50003)

Xunto co formulario de solicitude e anexos debidamente cumprimentados, deberá anexarse a seguinte documentación:

1.    Certificados de acharse ao corrente nas súas obrigas coa Seguridade Social, Facenda e AEAT.

2.    Alta no correspondente réxime de Seguridade Social

3.    Vida laboral das/os traballadores que creen os seus propios postos de traballo

4.    Alta no IAE da/o empresaria/o individual ou empresa que solicita axuda

5.    Solicitude de licenza de apertura, licenza de obras ou comunicación previa de inicio de actividade cando for necesario para o desenvolvemento da mesma.

6.    De ser o caso, escritura de constitución da empresa debidamente inscrita no Rexistro Mercantil

7.    Facturas correspondentes aos gastos para os que se solicitou a subvención. As facturas deberán conter os requisitos establecidos no Real Decreto 1619/2012

8.    No caso de facturas referentes a aluguer de locais, deberá presentar, xunto coa factura, o correspondente contrato de aluguer.

9.    No caso de facturas referentes ao pago de seguros, deberá presentar, xunto coa factura, póliza dos mesmos.

10.  Documentos bancarios de aboamento das facturas presentadas

11.  Documento acreditativo do aboamento de taxas administrativas ( Publicación en boletíns oficiais, inscrición en BORM, Rexistro de patentes…) relativas ao inicio da actividade  indicando a contía aboada cando se solicite subvención por este concepto.

12.  Certificado de titularidade de conta bancaria aos efectos do percibo da cantidade obxecto de subvención.


Volver